Home > Obxectivos

Dende a súa creación, e tal e como se reflicte nos seus estatutos, a Asociación intenta promocionar e crear os servizos necesarios para a comunidade logrando así a mellora xeral da veciñanza. Centrámonos especialmente na promoción cultural e na defensa dos intereses xerais dos vecinos.

A nosa parroquia está a experimentar un gran crecemento urbanístico co conseguinte aumento da veciñanza, xeralmente parellas novas con nenos e nenas, polo que un dos nosos obxectivos a corto prazo e tratar da súa integración na asociación, dando a coñecer as actividades, o local social e as ventaxas de estar en asociacións unidas e unidos na tarefa de mellorar a convivencia e o ben común.