
O domingo 25 de setembro imos realizar unha andaina pola Vía Verde entre Compostela, Tambre e Lengüelle, no tramo estación Oroso-Ordes . A dificultade da mesma é baixa, cunha distancia total de 22 km e unha duración aproximada de 3 h e 30 minutos. O prezo é de 3 euros por persoa e a idade mínima para participar é de 12 anos.
A saída será ás 9 da mañá dende o local social na avenida Monte do Gozo e o transporte ata o inicio do roteiro é por conta de cada participante. Para inscribirse só é necesario o nome, o DNI, un teléfono e a data de nacemento; e pode realizarse presencialmente na asociación de veciños ou a través do correo electrónico info@avmontedogozo.es. O prazo para inscribirse remata o 22 de setembro.
Contamos con vós, grazas.