Home > Novidades > Andaina-Peregrinación polo Camiño Francés. Maio 2020 a Xaneiro 2021

A Asociación de Veciños “Monte do Gozo” leva mais dun ano organizando unha serie de andainas por Santiago de Compostela e a súa contorna cunha importante participación da nosa veciñanza.

Con motivo do “Xacobeo 2021”, a Asociación promove e organiza unha andaina-peregrinación polo Camiño Francés dirixida a todas as persoas asociadas e a aquelas interesadas en compartir esta experiencia.

ETAPAS E DATAS

Esta actividade levarase a cabo en 7 etapas, comezando o mes de maio de 2020 para rematar o mes de xaneiro de 2021, en pleno Ano Santo, nas seguintes datas:

-O Cebreiro-Triacastela(21,8 km): 17 de maio de 2020

-Triacastela-Sarria(18 km): 14 de xuño de 2020

-Sarria-Portomarín(22,20 km): 13 de setembro de 2020

-Portomarín-Palas de Rei(25 km): 18 de outubro de 2020

-Palas de Rei-Arzúa(28 km): 15 de novembro de 2020

-Arzúa-Arca(18,50 km): 13 de decembro de 2020

-Arca-Santiago de Compostela(20,20 km): 17 de xaneiro de 2021

DATAS DE INSCRIPCIÓN

As persoas interesadas, poderán inscribirse desde o 17 de febreiro ata o 14 de marzo de 2020 (ámbolos dous incluídos) presentando ou remitindo o formulario de inscrición que se acompaña á Asociación de Veciños. Rua da Muiña, 63 ou ao enderezo info@avmontedogozo.es

Para máis información: