Rematan as actividades deste curso 2018-2019 e para facelo dun xeito especial organizamos o domingo 7 de xullo a Ruta Camiño dos Faros (Arou -Laxe). Neste caso disporemos dun servizo de buses para desplazarnos así que conxuntamente tamén organizamos unha excursión por Laxe para aqueles que prefiran turistear un pouco e pasar un día de praia.
O programa será o seguinte:
- Saída: 08:30h do local social
- Mañá: Roteiro dos Faros (18 km e de baixa dificultade) ou visita turística por Laxe.
- Comida en Laxe por conta dos participantes
- Tarde: praia
- Regreso: ás 19:30h
Inscricións : 5 €