
Para non perder os bos costumes, o domingo día 2 de xuño organizamos unha nova ruta. Nesta ocasión será a PRG 146 – Ruta ambiental do Castelo de Vitres, en Boiro . Trátase dunha ruta circular de 18 km e de dificultade moderada (duración estimada de 04:30h).
A saída será ás 08:15h dende o local social e o transporte é por conta dos participantes.
Lembrade que é preciso incribirse antes do 29 de maio a través do correo electrónico info@avmontedogozo.es, indicando nome, DNI e data de nacemento. A cuota de inscrición é de 3€ que se empregarán para o pago do seguro de accidentes que contratamos.
Contamos con vós, grazas.