Home > Novidades > Ruta dos 3 Ríos- Ruta da Ribeira do Ulla. Domingo, 24 de marzo

O domingo 24 de marzo, temos unha nova andaina. Nesta ocasión serán dúas rutas polo Concello de Touro : a ruta dos Tres Ríos e a Ruta da Ribeira do Ulla (PR-G 93 e pr-G121). Ambas son rutas sinalizadas e en total son 22 km de dificultade moderada.

A saída será ás 08:15h dende o local social e o transporte é por conta dos participantes. Como a duración será dunhas 5 horas, quen queira, ao finalizar a ruta,  pode levar comida e quedar a comer na zona.

Lembrade que é preciso incribirse  antes do 21 de marzo a través do correo electrónico info@avmontedogozo.es, indicando nome, DNI e data de nacemento. A cuota de inscrición é de 3€ que se empregarán para o pago do seguro de accidentes que contratamos.

Contamos con vós, grazas.