O próximo domingo, 24 de febreiro, organizamos unha nova andaina. Esta vez será a ruta de Castro, a PR-G 196, que está sinalizada e percorre a Parroquia de San Miguel de Castro, dominada polo xacemento aqueolóxico do Coto e bañada polo río Ulla. Ten 12 km e a dificultade é baixa-media.
A saída será ás 09:00h dende o local social e o transporte é por conta dos participantes.
Lembrade que é preciso incribirse antes do 21 de febreiro a través do correo electrónico info@avmontedogozo.es. A cuota de inscrición é de 3€ que se empregarán para o pago do seguro de accidentes que contratamos.
Contamos con vós.
