Este domingo, 20 de xaneiro, comenzamos coas andainas deste novo ano. A primeira deste ciclo será a Ruta dos Petróglifos de Teo ( Andaina PR-G238).
Trátase dunha ruta de 13 km, circular e de dificultade baixa-media. A saída será ás 09:00h dende o local social da Asociación de Veciños Monte do Gozo e o transporte corre a cargo do participantes.
Se alguén quere ir directamente, sen pasar pola Asociaión, tede en conta que o punto de inicio da ruta é na Capela dos Milagros e Desamparados de Cornide, A Coruña e a hora de comenzo é ás 09:30h.
Como sempre, haberá que facer un pago de 3€ para sufragar os gastos do seguro de accidentes que contratamos.
Inscricións antes de 18 de xaneiro, por correo electrónico incluindo nome, DNI, data de nacemento e un teléfono de contacto.
Máis información: https://segatur.es/sendeiros/coruna/prg238/
