Home > Novidades > ANDAINA BANQUETE DE CONXO. 27 de maio

O próximo domingo, 27 de maio organizaremos unha nova andaina polo Bosque do Baquete de Conxo. A ruta longa será de 17 km e sairá dende o Local da nosa Asociación  ás 09:30h. Haberá tamén unha ruta para nenos, de 7 km que sairá ás 10:00h do Multiusos do Sar.

As inscricións son de balde e teñen que facerse a través do mail: info@avmontedogozo.es, indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento e un teléfono de contacto.

Moitas grazas, contamos con vos!