Tal e como informamos na Xunta Ordinaria, dende a Asociación de veciños fixémoslle chegar ao Concello un resumo das carencias e incidencias en infraestructuras na nosa Parroquia. Ata o momento as actuacións realizadas foron as seguintes:
• Pintado de rúas e pasos de peóns
• Nova parada de autobús na zona da Carballeira de Amio
• Limpeza da maleza na maior parte das zonas da Parroquia
• Cambio das escaleiras no parque da Vesada
• Reparacións no parque de San Lázaro
En relación cunha das obras máis urxentes, a da ponte de Porto do Medio, dende o Concello nos informaron de que están pendientes do permiso de Augas de Galicia, solicitado o pasado mes de febreiro, para comenzar estos traballos de reparación.
Seguiremos insistindo para realicen o resto de actuacións solicitadas e que todavía están pendientes de levar a cabo.
Podedes contactar con nós para informarnos das novas necesidades de reparacións que vaian xurdindo.