Home > Novidades > Reunión da Xunta Directiva co Alcalde de Santiago de Compostela
Pazo de Raxoi

O pasado luns día 10 de Xullo, a Xunta Directiva da Asociación Monte do Gozo reuniuse co Alcalde de Santiago no Concello. O motivo desta xuntanza foi presentar aos membros que forman a nova Xunta Directiva e reiterar novamente as necesidades e inquedanzas da nosa Parroquia.
No marco desta xuntanza repasamos unha a unha as necesidades de melloras en infraestructuras nas diferentes zonas da parroquia, e do funcionamemento do centro social, xa presentadas por escrito o pasado mes de Xuño. Tamén se presentaron as propostas de actividades que realizaremos durante o mes de outubro co motivo do 40 aniversario da nosa Asociación.
Dende o Concello mostrouse moito interese nas demandas que presentamos, recoñecendo que algunha delas son necesarias realizalas con urxencia. O informe de peticións veciñais presentado foi remitido pola alcaldía ás diferentes áreas involucradas na súa xestión: Concellería de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Concellería de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais e Concellería de Medio Rural, Mantemento e Obras.
Seguiremos informando dos avances que se vaian levando a cabo.