Aula de xogo
Totalmente equipada para que os máis pequenos e pequenas pasen un rato agradable nas nosas instalacións.
De martes a venres contamos co apoio de monitores especializados enviados pola Concellaría de Centros Socioculturais.
Xadrez
Horario: xoves de 18:30 a 20:30h
Tenis de mesa
Horario: martes de 18:00 a 19:30h
Baile galego e pandeireta
Neste grupo participan uns 50 nenos e nenas de tódalas idades.
Horario: venres de 18:30 – 20:30 h
Guitarra
Venres de 18:30 a 19:15 h
Linguaxe musical
Máis avanzado: Venres de 16:45 a 17:45 h
Iniciación: Venres de 17:45 a 18:30 h
Música en movemento (3-6 anos)
Xoves de 18:15 a 19:00 h
Festivais
- Entroido: lévanse a cabo talleres de máscaras e maquillaxe, ademáis de confeccionar co animador ou animadora do Concello os traxes dos participantes na comparsa de Centros Socioculturais.
- Festival das Letras Galegas: representación da Banda de gaitas da nosa Asociación e demostración de baile galego a cargo do alumnado do centro.
- Festival de Nadal: visita do Paxe Real enviado polo Concello que deixa algún que outro regaliño para a aula de xogo e celebración dunha pequena festa na que se fai entrega de premios do concurso de tarxetas navideñas.